TEX45

Aviso Legal

Información Xeral

O titular deste sitio web é Tex 45 Producións, S.L., con CIF: B70006630Y, con sede en Rúa do Muíño, 34 – 15680 Ordes (A Coruña).

Tex 45 Producións, S.L. é unha entidade inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 2996, Sección Xeral, Folio 151, Inscrición 7 con folla C-36630.

Co ánimo de que o uso do sitio web se axuste a criterios de transparencia, claridade e sinxeleza, Tex 45 Producións, S.L. informa ao usuario de que calquera suxestión, dúbida ou consulta sobre o presente Aviso Legal ou calquera outro documento informativo do sitio web será recibida e solucionada contactando con Tex 45 Producións, S.L., a través do enderezo electrónico: info@tex45.es.

Propiedade Intelectual

Tódolos contidos que se mostran no presente sitio web, en especial os deseños, textos, imaxes, logos, iconas, nomes comerciais, marcas ou calquera outra información susceptíbel de utilización industrial e/o comercial, están protexidos polos correspondentes dereitos de autor, non permitindo a súa reprodución, transmisión ou rexistro de información agás autorización previa do titular, Tex 45 Producións, S.L. Con todo, o usuario poderá empregar a información facilitada para xestionar o seu pedido e os datos de contacto correspondentes.

Enlaces

Tex 45 Producións, S.L. non asume ningunha responsabilidade sobre os enlaces a outros sitios ou páxinas web que, no seu caso, puideran incluírse no mesmo, xa que non ten ningún tipo de control sobre os mesmos, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nos mesmos