Moitas ideas

Somos axencia creativa

Algunhas razóns

O primeiro paso é querer. E nalgún momento quixemos, e por iso fixemos grandes campañas para grandes clientes. E gañamos algún premio, e sen darlle moita importancia seguimos adiante. E confiaron en nós, máis aínda. E chegamos a conclusión de que o noso era isto. Ter ideas, contalas, poñelas en marcha, e agradecerlle aos nosos clientes que tiveran apostado por nós. Non hai máis segredos.

Creatividade

Estamos dispostos a darlle unha e mil voltas a unha idea para convertela na mellor idea.

Deseño

Encargámonos de darlle forma e cor ás mellores ideas, para trasladalas ás páxinas dun xornal, as vallas dunha estrada ou os banners dunha web.

Contas

Coidamos de que os nosos clientes sexan os clientes mellor tratados do mundo. Desde o primeiro día e para sempre.

Produción

Poñemos todo en marcha. En calquera lugar e momento. Da mellor forma posible.

Podes contar con nós!

Escríbenos ou chámanos para todo o que precises.

Confían en nós, entre outros...

ABANCA

Desde o ano 2015 desenvolvemos para ABANCA campañas e accións relacioadas co Programa ABANCA Deporte Base, a iniciativa Imposible sen ti ou a súa convención anual do 2018.

Concello da Coruña

O noso equipo de deseño gráfico traballa con diferentes departamentos do Concello da Coruña nas creatividades dalgunhas das súas campañas publicitarias.

Mercedes Benz

Louzao, o distribuidor oficial de Mercedes Benz en Galicia confía desde hai anos en nós para o deseño e o desenvolvemento dos eventos de presentación dos seus novos modelos nos concesionarios das grandes cidades galegas.

Hockey Club Liceo

Desde o ano 2019 xestionamos as campañas do clube deportivo máis laureado de Galicia, coa creatividade e o deseño das súas campañas publicitarias.