Catro Gatos – Un novo programa de humor

  • Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez protagonizan o formato
  • A gravación está tendo lugar este mes de agosto

A Coruña, 6 de agosto de 2021. Nestas últimas semanas está tendo lugar a gravación de Catro Gatos. Esta nova aventura televisiva, protagonizada por Xosé A. Touriñán, Fátima Pego, Noemi Rodríguez e David Perdomo.

Nestas últimas semanas está tendo lugar a gravación de Catro Gatos. Esta nova aventura televisiva, protagonizada por Xosé A. Touriñán, Fátima Pego, Noemi Rodríguez e David Perdomo.

Catro Gatos é un novo espazo de humor, producido por Tex45 Producións para a Televisión de Galicia coa colaboración de Undodez. Un formato para o access prime time que mestura a tertulia cómica cos sketchs humorísticos. Esta primeira temporada constará de 13 episodios de 25 minutos de duración.

Catro amigos, os actores Xosé A. Touriñán e David Perdomo, e as actrices Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense nun bar no que falan da vida, das súas anécdotas persoais e inquedanzas, todo nun ton cómico e primando a espontaneidade dos actores e actrices participantes. Cada un deles recordará unha anécdota que dá paso aos sketchs cómicos, nos que os catro amigos interpretan diferentes personaxes.

Xosé A. Touriñán é un dos cómicos máis recoñecidos do país. Comezou a súa carreira na Televisión de Galicia no ano 2005 coas Cantareiras de Ardebullo, dúo que formou xunto con Marcos Pereiro. Actor, productor e guionista, o humor é a súa bandeira. Padre Casares, Air Galicia, Tourilandia, Land Rober Tunai Show e Era Visto! son algunhas das súas aparicións máis recoñecidas. Nos últimos anos participou en series como El desorden que dejas, Justo antes de Cristo, Antes de perder ou Fariña e no teatro en Unha noite na praia, Somos Criminais e Fariña.

Fátima Pego é cantante, actriz e reporteira. Licenciada en Comunicación Audiovisual, é unha das artistas máis recoñecidas da verbena galega, onde saltou á fama como cantante da orquestra París de Noia, da que formou parte desde o 2012 ao 2018. Na actualidade está centrada na súa faceta como actriz e reporteira, formando parte do equipo de programas da Televisión de Galicia como Sabadeando ou Quen Anda Aí?

Noemi Rodríguez formouse na ESAD de Galicia e logo realizou un Máster en Artes Escénicas na Universidade de Vigo e un curso de posgrao na London International School of Performing Arts. Actriz, directora e pedagoga, traballou para o Centro Dramático Nacional, o CDG ou a English National Opera, entre outras. No ámbito audiovisual é coñecida polas súas participacións en A Esmoga (Ignacio Vilar, 2014) e Land Rober Tunai Show.

David Perdomo é músico, guionista, actor e un dos humoristas máis orixinais e arriscados de Galicia. Formado como actor en Casa Hamlet, na compañía Estragón e no festival internacional de Avignon, onde aprendeu e presentou traballos con profesionais da altura de Leo Bassi. David acadou a fama cos seus personaxes creados para internet en S Koruño. Na televisión participou no Land Rober Tunai Show, Ecce Perdomo e La noche D.

Dirixido por Jairo Iglesias e Xosé A. Touriñán, Catro Gatos conta con guións de José L. Prieto, Manuel Cortés, David Perdomo e Xosé A. Touriñán. A súa estrea na primeira canle da Televisión de Galicia aínda non conta cunha data definitiva.