O que o noso plató pode dar de si non só está entre as súas paredes. A experiencia de máis dunha década producindo desde Ordes e para toda Galicia permítenos atopar centos de solucións para quen decide traballar con nós, e en tempo record. A medio camiño entre A Coruña e Santiago, dúas das grandes capitáis do audiovisual en Galicia, contamos con proveedores cos que traballamos nas mellores condicións de calidade e servizo.
Vaca Films, Voz Audiovisual, Ficción Producciones, Europroducciones, Congo Producciones… Son algunhas das produtoras que xa traballaron no noso plató.