TEX45

Política de Privacidade

Introdución

A presente Política de Privacidade elaborouse tendo en conta o disposto polo Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e o Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que atinxe ao tratamento de datos persoais e á circulación destes datos, en adiante o RXPD.

Esta Política de Privacidade ten por obxectivo poñer en coñecemento dos titulares dos datos persoais, respecto dos cales se está recompilando información, os aspectos específicos relativos ao tratamento dos seus datos, entre outras cousas: a finalidade dos tratamentos, os datos de contacto para exercer os dereitos que o asisten, os prazos de conservación da información e as medidas de seguridade.

Responsable del Tratamiento

En termos de protección de datos, Tex 45 Producións, S.L. debe ser considerada Responsábel do Tratamento, en relación aos ficheiros/tratamentos que xestiona.

A continuación, indícanse os datos identificadores do titular do presente sitio web:

Responsábel do Tratamento: Tex 45 Producións, S.L.

Enderezo postal: Rúa do Muíño, 34 – 15680 Ordes (A Coruña)

Enderezo electrónico: info@tex45.es

Teléfono: 981 680 235

Delegado de Protección de datos: Norquality Consultores, S.L.

protecciondedatos@norquality.es

Tratamento de datos

Os datos de carácter persoal que se soliciten, no seu caso, consistirán unicamente naqueles estritamente imprescindíbeis para identificar e atender a solicitude realizada polo titular dos mesmos, en adiante, o interesado. Esta información tratarase de xeito leal, lícito e transparente en relación co interesado. Por outra parte, os datos persoais serán recollidos para finalidades determinadas, explícitas e lexítimas, non sendo tratados ulteriormente dun xeito incompatíbel con estes fins.

Os datos recollidos de cada interesado serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación ás finalidades correspondentes para cada caso, e serán actualizados sempre que sexa preciso.

O titular dos datos será informado, con carácter previo á recollida dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política coa finalidade de que poida prestar o seu consentimento expreso, preciso e inequívoco para o tratamento dos seus datos, conforme aos seguintes aspectos:

Finalidades do tratamento

Clientes: Xestión contábel, fiscal e administrativa; Xestión dos servizos vinculados ao sector da produción.

Recursos humanos: Xestión contábel, fiscal e administrativa; Xestión de nóminas; Prevención de riscos laborais; Control de acceso e de temperatura, e en xeral, todo o comprendido na relación laboral.

Proveedores: Xestión contábel, fiscal e administrativa; Prestación do servizo ou produto contratado.

Usuarios web: Atención a consultas, solicitudes, queixas e reclamacións.

Xestión de currículo: Xestión de CV.

Vídeo vixilancia: Seguridade das instalacións; Control do cumprimento das obrigas laborais.

Lexitimación

Clientes: Execución dun contrato do que o interesado é parte.

Recursos humanos: Execución do contrato laboral e obrigas legais.

Proveedores: Execución dun contrato do que o interesado é parte.

Usuarios web: Consentimento do interesado.

Xestión do Currículo: Consentimento do interesado ou medidas precontractuais (se existe oferta explícita da empresa).

Vídeo vixilancia: Interese público.

Destinatarios

Por norma xeral, Tex 45 Producións, S.L. non procede á cesión ou comunicación dos datos a terceiras entidades, agás as requiridas legalmente.

Procedencia

Por norma xeral, os datos persoais recóllense sempre directamente do interesado.

Prazos de conservación

A información recadada do interesado será conservada mentres sexa necesaria para cumprir coa finalidade para a cal foron recompilados os datos persoais, de xeito que, unha vez cumprida a finalidade, os datos serán suprimidos. Dita supresión dará lugar ao bloqueo dos datos, conservándose unicamente a disposición das AAPP, xuíces e tribunais, para atender as posíbeis responsabilidades derivadas do tratamento, durante o prazo de prescrición destas. Cumprido o citado prazo procederase á destrución da información.

A título informativo, recóllense a continuación, os prazos legais de conservación da información en relación a diferentes materias:

DOCUMENTO

PRAZO

REF.  LEGAL

Documentación de carácter laboral ou relacionada coa seguridade social

4 anos

Artigo 21 do Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións da Orde Social

Documentación contábel e fiscal a efectos mercantís

6 anos

Art. 30 Código Comercio

Documentación contábel e fiscal a efectos fiscais

4 anos

Art. 66 a 70 Lei Xeral Tributaria

Control de accesos a edificios

1 mes

Instrución 1/1996 da AEPD

Vídeo vixilancia

1 mes

Instrución 1/2006 da AEPD

Lei Orgánica 4/1997

Datos de navegación

No relativo aos datos de navegación que se poidan tratar a través do sitio web, no caso de que se recollan datos sometidos á normativa, recoméndase consultar a Política de Cookies publicada no noso sitio web.

Dereitos dos interesados

A normativa en materia de protección de datos confire unha serie de dereitos aos interesados ou titulares dos datos, usuarios do sitio web ou usuarios dos perfís das redes sociais de Tex 45 Producións, S.L.

Estes dereitos que asisten ás persoas interesadas son os seguintes:

–Dereito de aceso: Dereito a obter información sempre que os seus datos sexan obxecto de tratamento, a coñecer a finalidade deste, as categorías dos datos que se traten, os destinatarios ou categorías de destinatarios, o prazo de conservación e a orixe deste datos.

–Dereito de rectificación: Dereito a obter a rectificación dos datos persoais inexactos ou incompletos.

–Dereito de supresión: Dereito a obter a supresión dos datos nos seguinte supostos:

Cando os datos xa non se precisen para a finalidade para a cal foron recompilados

Cando o titular dos mesmos retire o consentimento

Cando o interesado se opoña ao tratamento

Cando deban suprimirse en cumprimento dunha obriga legal

Cando os datos se obtiveron en virtude dun servizo de sociedade da información en base ao disposto no artigo 8, apartado 1 do Regulamento Europeo sobre Protección de datos.

–Dereito de oposición: Dereito a opoñerse a un determinado tratamento básico no consentimento do interesado.

–Dereito de limitación: Dereito a obter a limitación do tratamento dos datos cando se dea algún dos seguintes supostos:

Cando o interesado impugne a exactitude dos datos persoais, durante un prazo que permita á empresa verificar a exactitude dos mesmos.

Cando o tratamento sexa ilícito e o interesado se opoña á supresión dos datos.

Cando a empresa xa non necesite os datos para os fins para os que foron recompilados, pero o interesado os precise para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Cando o interesado se teña oposto ao tratamento mentres se verifica se os motivos lexítimos da empresa prevalecen sobre os do interesado.

Os interesados poderán exercitar os dereitos indicados, dirixíndose a Tex 45 Producións, S.L., mediante escrito remitido a info@tex45.es, sinalando na liña de Asunto o dereito que desexa exercitar.

Neste sentido, Tex 45 Producións, S.L., atendera a solicitude á maior brevidade posíbel, tendo en conta os prazos previstos na normativa en materia de protección de datos.

O interesado ou titular dos datos poderá en todo momento presentar unha reclamación diante da autoridade de control competente.

Seguridade

As medidas de seguridade adoptadas por Tex 45 Producións, S.L. son as requiridas, de conformidade co establecido no artigo 32 do RXPD. Neste sentido, Tex 45 Producións, S.L., tendo en conta o estado da técnica, os custes de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variábel para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade adecuado ao risco existente.

En todo caso, Tex 45 Producións, S.L. dispón dos mecanismos suficientes para:

  1. a) Garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
  2. b) Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida, en caso de incidente físico ou técnico.
  3. c) Verificar, avaliar e valorar, de xeito regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
  4. d) Seudonimizar e cifrar os datos persoais, no seu caso.