Cliente

Ainé Producións

Curtis & Teixeiro

Xosé A. Touriñán e Federico Pérez son dos humoristas e actores máis relevantes de Galicia. En 2016 decidiron levar aos escenarios o seu último espectáculo, Curtis & Teixeiro. Un espectáculo de humor negro que foi quen de conquistar ao público, enchendo en ata vinte teatros e auditorios de todo o país, reunindo a máis de 5000 persoas. Encargámonos da programación dos espectáculos xunto con Ainé Producións.