Equipo

O Son das Letras

Desde o Auditorio Mar de Vigo, concerto da orquestra folk ‘Son de Seu’, dedicado a Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016. Antonio Durán “Morris” e María Vázquez son os mestres de cerimonias dunha gala vertebrada ao redor dos poemas do autor homenaxeado, que len tamén os propios presentadores.

Produción executiva: Suso Iglesias, Manuel L. Cernadas e José Vázquez Becerra
Dirección: Suso Iglesias
Dirección artística: Rodrigo Romaní
Dirección de produción: Álvaro Pérez Becerra e Javier López Valeiro

Presentadores: Antonio Durán ‘Morris’ e María Vázquez
Dirección de arte: Suso Montero
Realización: Gerardo Rodríguez
Son: Miguel Besada