Cliente

Automóviles Louzao

Presentación do novo Mercedes GLA

Encargámonos de organizar o evento de presentación do novo Mercedes GLA para toda Galicia. Un sensacional espectáculo no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre que reuniu a varios centos de clientes da marca, e que contou cun sensacional catering do restaurante A Mundiña, e un show musical coa DJ María Arias acompañada, en diferentes lugares da sala, por un pianista, un contrabaixo e un saxofón. Unha coidada iluminación deseñada para a ocasión fixo o resto.