Cliente

Novomovil

Presentación do novo Mini

Novomovil, o concesionario Mini en A Coruña, confiou en nós para organizar a presentación do seu novo modelo. O evento tivo lugar nun coñecido local da cidade herculina, no que se deron cita centos de persoas interesadas en coñecer as novidades do novo vehículo. Non faltou un catering moi especial relacionado coas características do coche, que foi o centro de atención dos asistentes ao acto.