Cliente

Real Club Deportivo de La Coruña

Torneo Liga BBVA

As instalacións do Deportivo en Abegondo acollen cada mes de maio o torneo máis importante en número de participantes de Galicia. Ata 8000 rapaces compiten ao longo de toda unha xornada nunha competición agardada ao longo de meses. Encargámonos das tarefas de produción do evento na parte de restauración e lecer, enchendo de actividade durante toda a xornada unha ampla zona das instalacións.