Cliente

Airapro Producións

Viramos tolos pola tele

Encargámonos, xunto con Airapro, das tarefas de produción no espectáculo ‘Viramos tolos pola tele’, que R levou a algúns dos grandes teatros e auditorios de Galicia coas caras máis coñecidas do humor no noso país: Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez e Pepo Suevos. Un show cargado de humor ao que a compañía de telecomunicacións convidou aos seus clientes.