Algunhas historias de Nadal xóganse todo o ano

Anuncio publicitario do Programa ABANCA Deporte Base, destinado á súa emisión no Nadal de 2018.

ClienteABANCA
AxenciaTex45 Producións

Algúns equipos serán equipazos... dentro dun tempo.

ABANCA apoia cada ano a 14.611 deportistas de 1.325 equipos, de 25 disciplinas diferentes. A súa incondicional aposta por fomentar a práctica deportiva desde a a base tradúcese nunha serie de actividades que desenvolve ao longo de todo o ano, dentro do Programa ABANCA Deporte Base.

Para darlle continuidade a esa aposta, a entidade bancaria encargounos a creatividade e a produción dun anuncio no que se pretendían trasladar as ideas forza do programa a historias propias do Nadal.

Naceu así Algunhas historias de Nadal xóganse todo o ano, unha sucesión de momentos nos que o afán de superación, a ilusión por xogar e chegar a gañar, ou a aposta polos futuros deportistas son os protagonistas nunha das épocas máis entrañables do ano.

A campaña contou, ademais do spot, con aplicacións gráficas para exterior, adaptación da web específica do Programa ABANCA Deporte Base e cuñas radiofónicas.

DirectorAndrés Mahía
DOPLucía C. Pan
ArteSuso Montero
MúsicaManuel Riveiro