Doa sangue - Imposible sen ti

Anuncio publicitario para a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue da Xunta de Galicia.

ClienteXunta de Galicia
AxenciaTex45 Producións

Este partido xogámolo xuntos.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue da Xunta de Galicia encargounos no ano 2016 un anuncio publicitario coa marca ‘Imposible sen ti’ para vincular a celebración do derbi galego coa necesidade, sempre urxente, de doazóns de sangue.

A peza, dirixida e escrita, por Andrés Mahía, incidía nunha mensaxe clara: este partido xogámolo xuntos. Durante as semanas posteriores ao lanzamento do spot, e tamén grazas á colaboración de Celta e Deportivo, multiplicáronse as doazóns ata chegar a datos históricos, cubrindo as necesidades de todos os grupos.

DirectorAndrés Mahía
DOPSuso Bello
MúsicaManuel Riveiro