Imposible sen ti

Primeiro anuncio publicitario da campaña ‘Imposible sen ti’, impulsada pola Xunta de Galicia.

ClienteXunta de Galicia
AxenciaTex45 Producións

Din que nos levamos coma cans e gatos...

Hai rivalidades que son tan fondas coma os corazóns que as impulsan. Somos os que construímos co noso esforzo. Os homes, as mulleres e os países. E hai esforzos que non se entenden sen un rival ó que se enfrontar.

O Celta e o Dépor, o Dépor e o Celta, son parte da historia que nos ten traído ata aquí. Ningún dos dous sería o mesmo sen a existencia do outro.

Cando un deles toca o ceo, cando un deles baixa ó inferno, sabe sempre que o destino lle dará axiña unha segunda oportunidade. Máis pronto ou máis tarde volveranse a ver as caras en Vigo, ou na Coruña para seguir construíndo, xuntos, unha historia que contar.

Este anuncio de Tex45 Producións para a Xunta de Galicia foi galardoado co Premio Mestre Mateo ao mellor anuncio publicitario no ano 2016.

DirectorAndrés Mahía
DOPSuso Bello
MúsicaManuel Riveiro
Arte