Malo será! - 2ª Temporada

Programa de entretemento para o prime time da Televisión de Galicia que achega o teatro á televisión e a televisión aos teatros de todo o país.

ClienteTelevisión de Galicia

Da televisión ao teatro!

Malo será! é un espectáculo gravado en falso directo que achega todo o que rodea á televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia, e que á vez permite aos espectadores da Televisión de Galicia gozar cun espectáculo de teatro desde as súas casas. Trátase dunha sucesión sketches cómicos que acompaña unha banda de música en directo, e que protagonizan as grandes estrelas da comedia do noso país.

Produción executivaManuel L. Cernadas
DirecciónAndrés Mahía
Dirección de produciónÁlvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
Dirección de arteNoela Gutiérrez
RealizaciónMarta Arévalo
SonPablo Viña, Santi Jul e Iván Laxe
PresentadoraMarta Doviro
ElencoFederico Pérez, Marcos Pereiro, Lucía Veiga, Oswaldo Digón, Sabela Hermida, Santi Romay, Paula Pier, Marita Martínez, Carmen Méndez, Cristina Andrade