O loro do derbi - Imposible sen ti

Anuncio publicitario da campaña ‘Imposible sen ti’, impulsada por ABANCA.

ClienteABANCA
AxenciaTex45 Producións

Todos temos un sitio no que aprendemos a amar o fútbol.

No ano 2017 o protagonista da campaña Imposible sen ti, impulsada por ABANCA para promover a rivalidade cordial no derbi galego, deu moito que falar. Tratábase dun loro, que a súa nova dona quixo chamar Maureto: metade Mauro, metade Bebeto. A cuestión é que non tivo demasiada sorte no seu obxectivo de facelo do Deportivo…

O anuncio, gravado en Mondoñedo e Oleiros, e protagonizado polas actrices Lucía Veiga e Carmen Méndez, foi emitido con motivo do partido de ida do derbi da temporada 2017 – 2018.

 

DirectorAndrés Mahía
DOPLucía C. Pan
MúsicaManuel Riveiro
ArteSuso Montero