Sen ti, o derbi sería só un partido de fútbol - Imposible sen ti

Anuncios publicitario da campaña ‘Imposible sen ti’, impulsada por ABANCA.

ClienteABANCA
AxenciaTex45 Producións

Mira que estas cousas son para toda a vida!

A campaña Imposible sen ti, impulsada por ABANCA para promover a concordia no derbi galego, xira cada ano ao redor dun anuncio publicitario que no ano 2016 protagonizaron os actores Toño Casais e Roque Blanco.

A historia, enmarcada nunha vila mariñeira, conta a particular relación dun pai e un fillo aos que só separan as cores dos seus equipos favoritos. Saben, no fondo, que a mellor das rivalidades non se entende sen un rival ao que enfrontarse.

A campaña contou, ademais do spot, con gráfica para exterior e cuñas radiofónicas.

DirectorAndrés Mahía
DOPLucía C. Pan
ArteJosé Ortiz
MúsicaManuel Riveiro