Produción audiovisual

Co obxectivo de levar ao público contidos de calidade nos que prime o entretemento por enriba de todo, Tex45 Producións traballa desde hai anos na produción de todo tipo de formatos para televisión e publicidade. Faino grazas a un amplo equipo de profesionais con experiencia tanto en Galicia como no resto de España, creando de xeito constante propostas de diferentes xéneros, que en moitas ocasións teñen acadado sensacionais resultados de audiencia e repercusión.

Tex45 Producións conta con persoal propio de contidos e produción, o que lle permite explorar as condicións do mercado televisivo e da produción audiovisual en Europa e no resto do mundo, procurando axeitar os seus proxectos ás tendencias no sector.