Servizos audiovisuais

Co obxectivo de poder dar servizo á industria audiovisual e cultural de Galicia, Tex45 Producións é desde hai máis dunha década unha das grandes empresas de servizos relacionados coa prestación dos medios necesarios para desenvolver calquera produción para cinema, televisión ou teatro, así como para espectáculos en directo.

Dispoñemos dos medios técnicos de imaxe, son e iluminación tecnolóxicamente máis avanzados, renovando de xeito constante todo o noso material, e colaborando directamente coas marcas líderes a nivel nacional e internacional. Grazas a convenios con diferentes empresas do sector en Galicia e no resto de España, contamos cun amplísimo catálogo de medios para o seu aluguer.

foco
mesa de mezclas
cables

Ofrecemos servizos de produción técnica relacionada tanto con medios propios ou alleos, cun experimentado equipo de profesionais con varios anos de experiencia no manexo de todo tipo de recursos, tanto para audiovisual como para eventos e espectáculos en directo. Facémolo a través de acordos coas empresas líderes en Galicia en cada campo, atendendo aos criterios de profesionalidade, rigor e solvencia.

 

O noso plató en Ordes

Ubicado na localidade de Ordes, a medio camiño entre A Coruña e Santiago de Compostela, o plató de Tex45 é unha das instalacións máis modernas e mellor equipadas de Galicia. Caracterízase pola súa versatilidade, grazas aos seus diferentes espazos e salas que incorpora desde 2017, logo dunha profunda remodelación coa que aspira a converterse no espazo de referencia para a produción de todo tipo de formatos audiovisuais.

fachada