Para todo. No traballo e na vida. Buscarlle solución aos problemas ten tanto de actitude como de aptitude. Nós cremos que temos as dúas cousas: unha intención optimista para facerlle fronte ás dificultades, e as capacidades e os recursos precisos para resolvelas. Isto é o que somos.
O noso traballo é o mellor traballo do mundo. Consiste en facer realidade ideas propias e de outros. De levar á realidade o que nalgún momento só formaba parte da imaxinación. O audiovisual son imaxes e sons que transmiten mensaxes e emocións. E participar da súa creación é un enorme luxo.