Xestión e programación de eventos

Traballamos da man de diferentes empresas e entidades na xestión e organización dalgúns dos eventos máis importantes de cantos se celebran en Galicia, tanto no eido empresarial, como no da cultura e o deporte. Facémolo cun equipo propio de profesionais da produción e o protocolo, con ampla experiencia no sector, disposto a atender as necesidades e esixencias do cliente, e adaptalas do xeito máis eficaz ás particularidades de cada evento.

Contamos cunha ampla rede de contactos nos espazos de Galicia pensados para grandes eventos: recintos feirais, auditorios, teatros e centos de convencións. Grazas ao noso amplo catálogo de medios técnicos propios de imaxe, son e iluminación transformamos o ambiente pensando nos obxectivos do cliente en cada un dos seus proxectos.