Proxectos

PROXECTOS

TEX45

TEX45 PRODUCIÓNS desenvolve e produce formatos de actualidade e entretemento para a Televisión de Galicia:

QAAI_2

QUEN ANDA AÍ?

Magazine diario de 3 horas de duración en coprodución con EuroTv Producciones. Actualmente en emisión e con máis de 1000 programas emitidos

A Galega

A_Voltas_Co_Prato_4

A Voltas Co Prato

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día

A Galega

Desafíos_Criminais

Desafíos Criminais

Desafíos criminais' é un "docushow" procedemental de carácter policial no que se descubrirán as claves que permitiron resolver os casos máis relevantes na historia recente de Galicia baixo a investigación da Garda Civil.

A Galega

A_Coral

A CORAL

Manuel é un famoso director de corais que está obsesionado con acadar a perfección na interpretación das pezas. Por intransixente perde o seu traballo e vese obrigado a organizar un coro nunha pequena aldea. As persoas que o compoñen non teñen nin idea de técnica pero a convivencia con elas devólvelle o pracer pola música.

A Galega

Verea-2

EMPRESAS CON ALMA GALEGA

Empresas con Alma Galega é o novo formato promocional da TVG no que contamos as historias do tecido empresarial da nosa terra. Un documental de dous minutos de duración producido por Tex45 no que falamos da realidade, dos éxitos, habelencias e lembranzas dos protagonistas dos negocios de Galicia.

Para máis información contáctanos en elba@tex45.es

#empresaconalmagalega

Na_Gloria

NA GLORIA

Pati, unha alta executiva en plena crise existencial, decide darlle un cambio radical á súa vida e establécese en A Gloria, unha pequena localidade galega preto do Camiño Francés. O seu obxectivo é converter a vella casa dos avós nun establecemento hostaleiro destinado aos peregrinos. Para levar a cabo o seu soño conta con Bertín, o seu mellor amigo que é tamén un estrito chef vegano de fama internacional.

A Galega

Catro_Gatos

CATRO GATOS

Un formato de humor protagonizado por Xosé A. Touriñán, David Perdomo, Fátima Pego e Noemi Rodríguez. Os catro amigos reúnense nun bar no que falan da vida, das súas vivencias persoais e inquedanzas. Cada un deles recorda unha anécdota que da paso aos sketchs, nos que os actores interpretan a diferentes.

A Galega

Malo_Sera

MALO SERÁ!

Un espectáculo de sketchs cómicos polos teatros de Galicia.

A Galega

100_Anos_Verbena

100 ANOS DE VERBENA GALEGA

Musical que narra, a través da música, 100 anos da verbena galega. A orquestra La Oca Band acompañada de artistas convidados fará un repaso dos temas musicais que máis soaron na verbena galega.

Gaña_A_Tua_Sorte

GAÑA A TÚA SORTE

Programa concurso presentado por Javier Varela

Verbenalia

VERBENALIA

Tres horas de humor, música tradicional e pachanga en vivo.